Sábado 3 marzo de 2018 • 23:59 h Dj | De balde
Kino L-Cobra Dj
Arqueólogo de rastrillo remexendo sempre entre cubetas cheas de ácaros, fetichista do vinilo, melómano empedernido. 25 anos de amor pola música negra, sempre que pode sae da súa cova para amenizar festas e pinchadas.
Membro fundador do Kinki Reggae Clube, Actualmente de Olivic Soul Club e V-Rocket Sound.
A Cóbrega desenfundará no Aturuxo os mellores 7 polgadas facendo unha viaxe por estilos moi dispares que van dende o Ska e Rocksteady xamaicanos, pasando polo Soul, Rhythm & Blues e Latin-Soul/Boogaloo dos Usa, Punk-Rock e 2Tone de UK ata o Yeye ibérico dos anos 60’s
comments powered by Disqus