Mércores 18 abril de 2018 • 21:00 h Música | 5€

Genzo P. e Mateo Mena

Genzo P. e Mateo Mena

Genzo P. é deseñador sonoro, músico experimental electrónico e poeta. Dentro dunha carreira artística de fondo desde os seus comezos e en calquera das súas facetas, a experimentación é unha lei non escrita pero presente en todas as súas obras. “The first experience”, “The hum” ou “Tesis de Ambientología sonora” son varios dos seus traballos en solitario. Forma parte da banda leonesa de electrónica Fibonacci, coa que ten editados varios traballos en formato físico, como “Claroscuro”, “Quasar” ou “0.1.2”.

Dentro da experimentación sonora colaborou tamén con compañías de teatro como Acéfalo Narciso, Emesis colectiva ou Exmaquina, entre moitos outros colectivos.

https://genzop.bandcamp.com/

Mateo Mena é artista sonoro e deseñador de instrumentos musicais electrónicos, pertencente ao colectivo Metamovida. O seu traballo está centrado no desenvolvemento de novos instrumentos analóxicos e na súa posterior utilización musical, ben a solo ou como integrante de agrupacións como o dúo audiovisual performativo Nostoc ou a propia Orquesta Metamovida. Participou en festivais como Imaxinasons (Vigo, 2015), LAV‘17 (Vedra) ou Sons Creativos (Lugo, 2017) e en espazos de creación como Tabakalera (San Sebastián), CGAC (Santiago de Compostela), MUSAC (León) ou La Térmica (Málaga).

Os hipercubos son pequenos módulos cúbicos que conforman un novo instrumento musical electrónico. Estes cubos están construídos con placas de metacrilato transparentes, as cales conteñen circuítos analóxicos no seu interior. O instrumento, deseñado en 2014, pode ser construído, descolocado e reconstruído a vontade durante os concertos en función do resultado sonoro que o músico desexe obter. Conectando os cubos entre si se altera o resultado sonoro, habendo módulos que xeran, controlan e modifican as ondas sonoras, os cales se poden combinar de diversas formas para traballar con sons electrónicos puros sen necesidade algunha de computadores.

https://vimeo.com/222432533

comments powered by Disqus