Domingo 13 maio de 2018 • 20:30 h Música | 6€ con consumición mínima

Martelo + Trioceros (clubE Estrella Galicia)

Martelo + Trioceros (clubE Estrella Galicia)

Circuíto clubE Estrella Galicia

MARTELO é o Power Rock Trio de Xacobe Martínez Antelo, que xunto a Manuel Cebrián na guitarra e Max Gómez na batería, ven a aportar unha dose enerxética de actualidade á escena nacional do Rock.

Cancións orixinais, combativas, e poderosas con letras corrosivas e mordaces en galego. Os que xa escoitaron a MARTELO, sinalan a Jimi Hendrix, Rage Against the Machine, Os Resentidos, Urban Dance Squad, Def Con Dos, Red Hot Chili Peppers ou Rollins Band, como principais referencias. Para sair de dúbidas, nada como velos en directo…

Rock orgánico, creativo e ecléctico. TR1OC3RO5 é o resultado dun traballo incesante en busca dunha experiencia sonora propia, alimentada pola liberdade creativa dos 3 músicos que forman o proxecto.

Temas propios, polirritmias e mestura de composicións elaboradas e espontáneas ao servizo de ambientes e sonoridades persoais. TR1OC3RO5 comeza o seu camiño en 2014, como un proxecto onde conflúen tres visións independentes de tres músicos con dilatada experiencia nun camiño común e xenuíno.

comments powered by Disqus