Domingo 10 xuño de 2018 • 20:30 h Música | 7€ ant. / 10€ bill.

Ataque Escampe + Oh! Ayatollah

Ataque Escampe + Oh! Ayatollah

Dúas das bandas do pop galego máis eloxiadas presentando os seus últimos traballos.

Ataque Escampe – Primeiros Bicos

Desta volta tocamos intenso como brillan no ceo os diamantes. Fixemos un disco moi de bailar porque se non é agora, cando?… Un día deixámonos ir e á mañá seguinte acordamos coa cabeza chea de merengue, de disco, de surf rock, de blues do deserto, de R&B neorleaniano, de krautrock, de rumba congolesa e de rumba xitana. Pasámolo todo por un sintetizador a pilas e a resaca de todo chamámola Primeiros bicos…

https://ataqueescampe.bandcamp.com/album/primeiros-bicos

Oh! Ayatollah – Volve a canción protesta

O novo traballo da banda compostelá é pegadizo e ilusionante, testemuño da nova xeración da música galega…. Viñan avisando cos seus vídeos e as súas maquetas, por iso a sorpresa de atoparnos cun disco fresco, intelixente e ben feito non é xigantesca (que pode selo se un chega a eles de primeiras)

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/fugas/2018/02/23/oh-ayatollah-gran-discovolve-cancion-protesta/0003_201802SF23P14991.htm

https://ohayatollah.bandcamp.com/album/volve-a-canci-n-protesta

Entradas anticipadas á venda en entradium.com

comments powered by Disqus