Sábado 9 xuño de 2018 • 23:59 h Música | De balde
Sunil López Cuarteto (I Festival Internacional de Jazz de Bueu)
Sunil López, pianista vigués recén rematado o grado Profesional, segue formándose no Seminario de Jazz de Pontevedra e na Escola Estudio de Santiago. Como docente imparte clases de piano na Casa da Música Manuel Omil (Bueu).
A súa banda está formada por Diego Alonso ao saxo tenor, Álex Touceda ao contrabaixo e Héctor Agulla á batería.
Con este concerto, o público poderá desfrutar de standards de jazz e de composicións orixinais, mostrando influencias que van dende o jazz máis tradicional até o máis contemporáneo, con tintes de outros xéneros, como o rock ou a música clásica.
A enerxía da súa música e a complicidade dos seus membros serán as claves do espectáculo.
comments powered by Disqus