Domingo 24 xuño de 2018 • 21:00 h Música | 7€ ant. / 9€ bill.

Couple Coffee

Couple Coffee

Couple Coffee é a voda musical de Luanda Cozetti e Norton Daiello, luso brasileiros residentes en Lisboa. Ela fai todo o que quere coa voz. O seu baixo canta, acompaña, fai solos con multiple sons e técnicas.

Con cinco aclamados discos editados en Portugal, o seu repertorio é unha mestura desta traxectoria con versións orixinais de Tom Jobim, José Afonso, Fausto Bordalo Dias, Noel Rosa, Chico Buarque entre outros compositores, e as súas propias.

Luanda Cozetti é a filla de Alipio de Freitas, a quen José Afonso dedicou unha canción co mesmo nome no seu disco “Com as minhas tamanquinhas”. En retribución Couple Coffee gravou en 2007 o disco “Co’as tamanquinhas do Zeca!”, que gañou varios premios en Portugal e varias cancións deste disco tocaranse neste concerto.

comments powered by Disqus