Novas

D'Callaos este mércores no Aturuxo

22 de maio de 2010

Mércores, 26 maio de 2010 • 21:30 h | Música

D'Callaos (Nu-Flamenc, Barcelona)

Voltan D'Callos polo Morrazo, aínda que é inusual facelo un mércores no Aturuxo: Lémbrate 21h30. Agradécese o pequeno esforzo de achegarse ata Bueu, xa que a noite promete ser linda. Podes adquirir a túa entrada anticipada no Aturuxo ou neste enlace http://www.codetickets.com/decallaos/ca/internet/69/

D’Callaos decide etiquetar o seu estilo musical (antes de que o faga a prensa) como Nu-Flamenc, o definen como: unha visión actual e fresca do Rock con Raices dos ’70 dende Cataluña. Nacen no 2004 tendo como eixe central que os une, o flamenco. Banda formada por Maribel Martín (voz), Daniel Felices (Guitarrista solista e coros), Ruben Lorente (Guitarra Flamenca), Carlos Felices (Baixo eléctrico) Sergio Martín (Batería), Carlos Simón (Percusión), Lluís Pi (Percusión e efectos) e Albert Castan (técnico de son).

http://www.myspace.com/dcallaos

Anticipada 8 € ou 3 € con abono Taquilla 10 € ou 5 € con abono