Novas

"Os ronseis do salitre", xoves 2 de decembro no Aturuxo, dentro da Semana Cultural Furtiva

29 de novembro de 2010

O pasado conserveiro de Cangas a través dos ollos do alumnado do IES Monte Carrasco e das testemuñas de ex traballadoas. Iso é o que ofrece "Os ronseis do salitre".

Das aulas de Primeiro da ESO a todo o instituto, e de aí a converterse nunha mostra a nivel de Cangas. Baixo o título de "Ronseis do salitre" o documental fai un repaso da recente historia conserveira do municipio.

O documental explica todo tipo de cuestións relacionadas coa industria conserveira, pero dende a perspectiva das persoas que o viviron.