Novas

TULSA, hoxe sábado 4 de decembro no Aturuxo!!

4 de decembro de 2010

Tulsa, capital mundial do petróleo, é tamén capital nacional do desamor. A banda liderada por Miren Iza demostrou en “Solo me has rozado” saber sacar ouro musical dos pozos do desengano e do desánimo. Volven a demostralo en “Espera la Pálida” e con inda maior elocuencia. Seguen adheridos a Americana na súa facción alternativa, pero móvense entre rock, country e pop do Medio Oeste con letras non en inglés (como fixera Iza con Electrobikinis), se nón en perfectamente honesto castelán. Baixo o nome de Tulsa escondese o universo de Miren Iza, unha guipuzcoana que comezou a dar os seus primeiros pasos no mundo da música co grupo “Electrobikinis”, punk-rock e surf cantado en inglés ata o 2002 e é entón cando Iza comeza a crear cancións en castelán que chegan e describen o máis fondo da alma humana.

http://www.myspace.com/lavenganzadetulsa