DANIEL HIGIÉNICO, domingo 12 de decembro no Aturuxo!
10 de decembro de 2010
Daniel Higiéncio ofreceranos un “espectáculo – performance” titulado “Yo he venido aquí a hablar de mi disco” e que foi creado exclusivamente para a ocasión. Daniel presentaranos, cantará e teatralizará (con playbacks) os 12 temas que compoñen o seu novo disco “6.000 millones”. Un traballo recentemente editado no que cambia o rexistro musical abandonando momentaneamente o eclecticismo “radical” dos seus anteriores discos para compoñer un traballo con aires de “crooner”. Unha serie de cancións que camiñan o redor do jazz, swing, dixieland, blues, son de New Orleans, etc… abarcando todo o amplo abano de estilos nos que poden moverse as clásicas bandas de “club”. Este espectáculo completase cunha selección de cancións en versión acústica dos seus anteriores disco.