Novas

Kike Suárez y la Desbandada sábado 26 no Aturuxo!

9 de febreiro de 2011

Kike Suárez (Kike Babas) comeza a súa carreira musical no 2006 liderando varios grupos do underground madrileño (editando discos con King Putreak, The Vientre e Huevos Canos, onde deixou proba do seu eclecticismo musical e a súa visceral lírica). Para as súas novas cancións Kike crea La Revancha, banda que conta coa virtuosa acordeonista Begoña Larrañaga. Con esta formación grava en 2007, a primeira parte do seu disco debut “Carta Blanca”. Un ano despois Kike faise escoltar por La Desbandada: rock de autor, que morde do chotis e a rumba, de forte pouso emocional, especial fincapé nas intensidades e un cálido alento blues. Un acompañamento de zumosa austeridade (Goyo Web –guitarra-, Esther Cabello –coros-, Javier Lozano –baixo- e Fernando Alandes –batería-) que se adapta a esa voz, curtida de insomnes batallas, que enlaza historias urbanas e latexos de poesía. Por outra parte, como membro do dúo de críticos musicais Los Kikes, pasou de participar en fanzines e radios libres a, entre outras cousas, colaborar en numerosas revistas (Ruta 66, Rolling Stone, Zona de Obras, Rock Estatal, etc), escribir biografías (Rosendo, Siniestro Total, Los Enemigos, etc.) e realizar vídeo-clips (Manu Chao, Barricada, Marea, etc.).

http://www.myspace.com/kikesuarezyladesbandada