Voltamos coa programación no Aturuxo o próximo sábado 26 e domingo 27 con Kike Suárez y la Desbandada e Jotinhos.
22 de febreiro de 2011
Kike Suárez (Kike Babas) comeza a súa carreira musical no 2006 liderando varios grupos do underground madrileño (editando discos con King Putreak, The Vientre e Huevos Canos, onde deixou proba do seu eclecticismo musical e a súa visceral lírica). Para as súas novas cancións Kike crea La Revancha, banda que conta coa virtuosa acordeonista Begoña Larrañaga. Con esta formación grava en 2007, a primeira parte do seu disco debut “Carta Blanca”. Un ano despois Kike faise escoltar por La Desbandada: rock de autor, que morde do chotis e a rumba, de forte pouso emocional, especial fincapé nas intensidades e un cálido alento blues. Un acompañamento de zumosa austeridade (Goyo Web –guitarra-, Esther Cabello –coros-, Javier Lozano –baixo- e Fernando Alandes –batería-) que se adapta a esa voz, curtida de insomnes batallas, que enlaza historias urbanas e latexos de poesía. Por outra parte, como membro do dúo de críticos musicais Los Kikes, pasou de participar en fanzines e radios libres a, entre outras cousas, colaborar en numerosas revistas (Ruta 66, Rolling Stone, Zona de Obras, Rock Estatal, etc), escribir biografías (Rosendo, Siniestro Total, Los Enemigos, etc.) e realizar vídeo-clips (Manu Chao, Barricada, Marea, etc.).
http://www.myspace.com/kikesuarezyladesbandada
Jotinho's (Bossanova/Samba, Lugo)
O conxunto intégrano coñecidos músicos da cidade. Na batería temos a Ro Muñoz, ao contrabaixo a Carlos Doval e ao piano a Luis Monsalve, todos eles músicos de dilatada traxectoria. Á voz, Silvia Viñas Rojo, cuxo entusiasmo foi clave á hora de concibir o proxecto e, por último, á guitarra Fernán Gómez, un vigués afincado en Lugo que gastou o seu primeiro soldo nunha guitarra para bossa nova hai xa algúns anos.
O seu repertorio ten un denominador común, os concertos que Vinícius de Moraes e Toquinho ofreceron en Bos Aires e Punta del Este nos locais coñecidos coma "La Fusa". Neles cóntase coa participación de Maria Creuza e María Betanhia na voz, ademais dun elenco de músicos arxentinos de primeiro nivel. Ademais dos temas popularizados por esta gravación, Jotinho's tamén interpretan outros clásicos da bossa nova clásica así coma sambas recoñecibles por todo o público.
A intención deste grupo é devolver eses temas que tanto soaron hai anos á xente que queira volver a desfrutalos en directo e, aos que non o fixeran, presentarlles algunhas pezas dun dos mellores discos de música brasileira que existen.
http://www.myspace.com/jotinhos
Jotinho's, domingo 27 ás 21h00, 6 € ou abono
Disculpade os que asistides regularmente as actividades por este descanso na programación. Moitas grazas.