FainoTí, sábado 26 no Aturuxo
21 de marzo de 2011
22:30
(Blues/Rock, Bueu)
4 €
FainoTí nace en Bueu a finais de 2004, comezando a tocar por tódolos escenarios galegos en 2005. Dende o comezo tiveron claro que a súa función era divertir ó público que os acompañaba en cada actuación. FainoTí naceu para combater os canons a seguir, por iso non é fácil asignarlle unha etiqueta a súa música. Os rapaces que compoñen a banda dedícanse a pasalo ben sobre o escenario tocando o que lles gusta, por iso sorprende a variedade dos seus temas. Os ritmos van dende o rock o swing, pasando polo ska, reggae ou o blues, creando un concerto especial cada vez que soben o escenario, con un directo moi divertido, no que a elegancia acompañase dunha boa música e de una execución perfecta dos temas que interpretan, fan as delicias de todo espectador que se prece a escoitalos.