Mamba Beat volven o Aturuxo este próximo sábado 2
28 de marzo de 2011
Mamba Beat nace en Bilbao con forma de serpente e en posesión do veleno rítmico da electrónica.
Graves obsesivos, ritmos frenéticos, sintes estranguladores, metáis que arden, voces rotas… todo o servizo dos máis escuros rituais nos que se fala do baile, do trance, da noite, do psico-viaxe, dos instintos máis primarios, de buscar novas relixións…
En 2007 e 2009 Mamba Beat pariu 2 cds (Mamba Beat e Energia) nos que recopiou un mostrario das distintas peles da serpente.
Recibiron multitude de loanzas, realizaron numerosas actuacións dentro e fora de Euskadi e foron seleccionados por AIE para recorrer a península (Barcelona, Madrid, Galiza, Aragón, Extremadura, Andalucía, Castilla…)
Ata o momento suman preto de 100 concertos nos que a obsesión da mamba e morder a todo o que se lle achega.
Actuaron en festivais importantes como o escenario principal da Semana Grande de Bilbao, Costa de Músicas de Lanzarote, Fusibles Fest de Granada, Baskard en Dijon (Francia), Monster Ronson en Berlin… xunto a bandas como We Are Standard, La Phaze, LE Peuple de l’herbe, Capsula, La Excepción, etc.
Para o 2011, e tras golpear co singel The Dance nunha corta pero intensa xira de concertos -outono 2010, dan a luz o seu novo Ep “The”, que inclúe un novo sigel (The) Life, co que dan o pistolazo de saída a unha longa xira.