Novas

JAS (Jalisian Alternatif Sport) (Teatro, Galiza) domingo 8 no Aturuxo

2 de maio de 2011

Teatro de Cadaquén ó longo da súa historia estivo sempre moi relacionado co mundo deportivo. Presentou e amenizou galas do deporte, participou na inauguración de infraestructuras, e encárgase ano tras ano de poñer “patas parriba” os 10 kms Cidade Universitaria.

Contaxiados pola febre dos últimos éxitos deportivos e contando co elenco máis en forma da esfera teatral galega, damos un pasiño máis e poñémonos o pantalón curto para xogar co deporte enriba do escenario.

JAS, como o seu nome indica, é un espectáculo con moita chispa. Un auténtico disparate cómicodeportivo deseñado para sorprender e esternicarse da risa.

Idea orixinal, guión e todo o que se vos ocurra… Teatro de Cadaquén

es-es.facebook.com/.../Teatro-de-Cadaquen/100001838380799