Novas

Daze of Dawn + Supa Scoopa, domingo 15 no Aturuxo

13 de maio de 2011

Daze of Dawn é un grupo soberbio e o seu rock orixinal, con toques de funky, grunge, metal, folk-rock e blues. Golpéache como un tsunami enfurecida para, xusto a continuación, tranquilizarche co cariño dunha nai. Establecidos en Valencia, este grupo de retrorock alternativo “canadiense”, estibo impresionando audiencias durante unha década cos seus lendarios directos e un aire de orixinalidade. Agora como un vedadeiro power trio, o grupo sae o escenario cunha nova filosofía: “o concerto non terminou ata que haxan derretido o escenario e a tódolos que estean o seu redor”

http://www.myspace.com/dazeofdawn

Supa Scoopa é un bo exemplo do mantemendo do hard rock no estdo puro, cun son cru, agresivo e sobretodo seguidor do culto áos riffs que veñen directamente de Black Sabbath e as súas manifestacións modernas como poden ser o stoner rock e o metal máis rockeiro. Nacen no 2000 en Vigo e son un trío formado por Quini que se ocupa da guitarra baixa e da voz, Mano da guitarra e Jorge da batería.

http://www.myspace.com/supascoopastoner