Novas

Sábado 21, Amanita Suit (Flamenco/ Fusión, Valencia) no Aturuxo ás 22h30. Entrada ant 5 € taq. 6 €

20 de maio de 2011

Amanita Suit é un proxecto musical creado en 2007 por Rubén Muñoz Gandia; compositor, voz, guitarra flamenca e eléctrica. O seu estilo poderíase enmarcar dentro das novas tendencias musicais que encontran a súa definición na fusión de diversos estilos tales como o flamenco, rock, reggae, rumba, bossa-nova.. Despois de moitos directos, en febrero de 2010 sae á luz o seu primeiro disco “La vida se escapa” e embárcanse na xira de presentación do álbum. A formación actual para salas e festivais é a seguinte: Rubén Muñoz (voz, guitarras flamencas e eléctrica); Jose Solis (Baixo); Carlos Vecina (Batería); Sergio Peiró (teclados e programación) e David G. Borrero (guitarra eléctrica e coros).

http://www.myspace.com/amanitasuit