Edu Manazas & Whiskey Tren (Soul Blues, Madrid) domingo 29 no Aturuxo ás 21h00
23 de maio de 2011
Voltan de novo polo Atu, esta banda co mellor blues....Veñen presentar o seu ultimo traballo El Paso. No 2000 únense Edu Manazas (voz e guitarra), Pino Sambataro (batería), Oskar González (guitarra) e Phineas S. P. (baixo). Todos eles colaboraron (en directo e en disco) co mellor do blues nacional e internacional: Tonky Blues Band, Ñaco Goñi, Phil Guy, etc. En máis de 1000 actuacións percorreron a xeografía ibérica actuando en centros culturais, así como o circuíto de salas.