Domingo 12 de Xuño, DRY MARTINA no Aturuxo
6 de xuño de 2011
Voltan a Galiza presentándonos o seu álbum de debut “Musarañas”. Son fresco e enérxico que converte os seus directos nunha verdadeira festa.
Dry Martina nacen en 2003, cando Laura Insausti decídese reinventar como Dry Martina, aprender do jazz vocal e xirar cunha banda de versións de swing mentres compón xunto a Rafa Insausti o que será o seu álbum de debut. Conseguen facer da música un medio de vida e atesouran centos de concertos ás súas costas. “Canciones para tararear en la ducha” (2007) foi a súa primeira demo, coa que captaron a atención de discográficas e managers, e o comezo dun proceso creativo que quedará reflectido no seu esperado primeiro disco que verá a luz en 2011 e do que xa temos un adianto en formato Ep de catro temas e videoclip co single “Musarañas”.