Novas

TroulaBenvida: A Tarantela Rabuda + Chema Rey (Festival SonRías Baixas) xoves 4 no Aturuxo

2 de agosto de 2011

O Xoves 4 de agosto terá lugar a TroulaBenvida no Escenario Aturuxo, coa actuación de A Tarantela Rabuda, da Fundación EmerxeMorrazo , e una sesión a cargo de Chema Rey.

TROULA NA BANDA e o Festival SonRías Baixas

Dez edicións e a Asociación Troula na Banda decide bautizalo seu festival como “Festival SonRias Baixas”. Estreamos o Recinto Multiusos da Estacada, ampliamos servizos (camping, gastronomía…) e melloramos a seguridade, aínda que nos mantemos no entorno urbán de Bueu e moi perto da praia. O duro traballo de tódolos membros e colaboradores da Asociación, dos profesionais e simpatizantes que nos axudan a cada paso, mostra o seu froito a todolos veciños e visitantes de Bueu. Seguimos pensado que existe outro xeito de facelas cousas, traballando entre todos, para facer un evento sen ánimo de lucro para que todos disfruten da cultura na nosa vila. Sen o apoio de todos o SonRías Baixas non sería posible.

Máis info en próximas actuacións: http://www.aturuxo.net/axenda/491

http://www.troulanabanda.info