Novas

Al Supersonic & The Teenagers (Soul, Granada), domingo 2 de Outubro no Aturuxo!

26 de setembro de 2011

The Teenagers, como se lles coñece no circuíto soul estatal, son música soul, son actitude visceral, auténtica e críble nun mundo, o dos grupos máis ou menos actuais, nos que a “pose” é a menudo máis importante que o criterio musical ou a calidade.

Dende que se formaron fai anos xa nun reformatorio de Granada, tiveron claro de onde viñan as súas influencias e cara onde se dirixía a súa mirada, antes de nada, o soul negroamericano dos anos 60 e 70. O seu abano musical e gustos musicais persoais van moito máis lonxe, paseanse polo xamaicano ou as raíces do soul e rhythm’n’blues e todo o desenrolo posterior da música negra americana, pero os Teenagers son SOUL en maiúsculas. Aman o Northen Soul: a música e a cultura. The Teenagers levan o soul na veas; cando lles preguntan que clase de banda son, eles responden: “Nosotros no somo ni hacemos soul, el soul nos hace a nosotros”.

Foron elexidos o 10º mellor disco español do 2010 pola revista Ruta66 e o 5º da Edición Sur de MondoSonoro.

http://www.myspace.com/soulteenagers