Novas

Chocolata (Flamenco / Jazz, Sevilla) xoves 6 de Outubro no Aturuxo

3 de outubro de 2011

Fieis ás súas raíces flamencas xerezanas, cargadas de soniquete e compás, Carmela “La Chocolata”, Rubens Silva e Cuni Mantilla, traballaron codo a codo durante os últimos anos, dando á luz unha maneira diferente de interpretar a súa música.

Como no din a ciencia e a experiencia o chocolate, ese manxar dos deuses prehispánicos, é antidepresivo, afrodisíaco e crea adicción. Á Chocolata lle pasa o mesmo que o seu nome artístico. É antidepresiva porque a beleza alegra o ánimo, afrodisíaca porque a súa voz namora e da gañas de vivir, adicitiva porque se a oes, aínda que só sea un pouqiuño, xa querrás oíla moitas veces. Ademáis carece de contraindicacións; como o propio chocolate a todo o mundo lle senta ben.

http://www.chocolata.es/