Novas

FIDEWÁ e ZULU 9:30 esta fin de semana no Aturuxo Bueu

24 de outubro de 2011

FIDEWÁ (Pop, Menorca) - Sábado 29 Outubro. 22h30 - 6 €

Corria o ano 2004 cando unha terrible tormenta enguliu o barco no que viaxaban, deixandoos á deriva no mar mediterráneo durante días e destrozando todo aquello que portaban… afortunadamente, a marea lles depositou en terra firme; e tras refacerse e dar grazas por salvar as súas vidas, decidiron compartir co mundo o seu mensaxe; armados unicamente cos escasos restos das súas pertenencias, comezaron o seu camiño… esta é a historia dun naufráxio…

Fidewá aborda un pop sen direción premeditada que se alimenta de moitos estilos, e que en directo se traduce nun show minimalista pero con logros escénicos…

FIDEWÁ son Julio Gusano (guitarra, voces, ritmos) e Sergio Iglesias (baio, voces, ritmos),

http://www.myspace.com/fidewa

ZULU 9:30 (Reggae/Rock, Barcelona) Domingo 30 Outubro. 21h30 - 6 €

Zulu 9:30 é unha banda que nace nas rús de Barcelona. Tras seis anos repartindo a súa música e alegría por toda Europa, dan un novo paso o fronte para traer o seu terceiro traballo orixinal titulado “Tiempo al tiempo”. Nesta ocasión deixan un pouco de lado os estilos máis puros e apostan por un son máis propio. Cancións para escoitar e música para bailar. A banda está formda por músicos criados en diferentes ricóns do globo. Sete cabezas e moitas ideas dan forma a un son orixinal influenciado por estilos como o reggae, a música latino-americana, mediterránea, pop-rock e o resto das músicas do mundo. No seu camiño tiveron a sorte de poder facer bailar e rir moita xente, dende o Festival Couleur Café de Bruselas ata o Festival Actual de Logroño. Dende o Rock for People en República Checa ata o BAM de Barcelona… entre moitos outros escenario.

http://www.zulu930.com/