LA KINKY BEAT, martes 1 de novembro no Aturuxo Bueu!
30 de outubro de 2011
Rematouse a espera: La Kinky Beat entregan o seu cuarto álbum Massive Underground presentándoo no Aturuxo. La Kinky Beat lanza o seu cuarto álbum de estudio Massive Underground (2011) levando a cabo unha nova transformación que funde a súa linguaxe orixinal, como o drum and bass e o reggae, co filtro dub de Chalart 58.
Despois de tres discos (máis un de remezclas) e varias xiras internacionais, tan longas que pareceron unha soa (545 concertos ata o momento), a conclusión á que o grupo pode facilmente chegar é que xa non lle ten que demostrar nada a ninguén. Por iso, é de agradecer que, en vez de acomodarse naquilo que os fixo grandes, os membros de La Kinky Beat continúen coa cabeza fría e a idea orixinal ben clara: seguir investigando novas linguaxes coas que mostrarnos o que hai debaixo de toda esta modorra post-moderna: por sorte Massive Underground.
Os seus anteriores traballos os levaron o Viña Rock e o BAM, o festival de Roskilde (Dinamarca), Glastonbury (Reino Unido), Rock al Parque (Colombia), Ollinkan (México), Rock for People (República Checa), Porto Musical (Brasil), Esperanzah (Bélgica), Lowlands (Holanda), Rio Loco (Francia) e o Balaton Sound (Hungría), entre outros…
La Kinky Beat son: - Matahary: voz - Willy Fuego: Guitarra e voz - Chalart58: Batería - Hernan “Lucky”: Baixo