Novas

MUYAYO RIF + LA BANDA DE ANDRELO, vernes 11 novembro no Aturuxo Bueu!!

9 de novembro de 2011

Muyayo Rif voltan a estrada presentando o seu novo espectáculo musical “Construmon” Todo o repertorio actual de Muyayo Rif está formado por temas compostos entre finais de 2008 e 2009. O directo de Muyayo Rif é un espectáculo completo a nivel musical e visual de 1h e 30' sen interrupcións e onde a enerxía non decae nin un momento de principio a fin. Dan moita importancia á interacción co público baixo a premisa de ofrecer unha actuación dinámica e festiva. No potente directo de Muyayo Rif predominan a enerxía, a festa e a crítica social dende o espírito optimista e festivo que caracterizan á banda. Diferentes ritmos urbanos (ska, reggae, salsa, rock…) encóntranse neste proxecto musical con letras alegres e reivindicativas en catalán e castelán. Co seu directo, producido por Gambeat (baixista de Radio Bemba e Manu Chao e productor de bandas como La Pegatina ou Che Sudaka), Muyayo Rif conseguiu o primeiro premio da fina de talentos no Festimad Madtaste’09 no apartado de múisca raíz!

http://www.muyayorif.org

Andrelo é o antigo membro fundador de Lagunas Mentales, grupo de culto da escena viguesa. Nesta nova andadura rodease de músicos que proceden de outros grupos como Tanghana Show, Why Go, La Turres Band, Kogito, ou Jing Hang Man. Gravaron o seu disco no estudio Casa de Tolos con Segundo Grandío como coproductor do mesmo. O disco chamase "Todavía...quedan Flores"

La Banda de Andrelo son: Andrelo: Compositor, guitarrista e cantante. Gerardo Pérez: Baixo e coros. Héctor Ki: Batería, percusións e coros. Diego Tornado: Saxos alto e tenor, coros. Toñyto All Time: Trombón e coros. Mike Trompy: Trompeta.

http://www.myspace.com/andreloband