OS CARUNCHOS, domingo 13 Nov. no Aturuxo Bueu
12 de novembro de 2011
Nacen en 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participaron nos máis importantes festivais folk do país.
Gaita solista, percusións varias, polifonía nas voces e o acompañamento da zanfona, xunto con vellas e novas cantigas fan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira festa chea de forza e diversión. En 1998 gravan ¡Ala, que vai!, un resumo dos seus primeiros catro anos. En 2002 gravan Sen tempo non era, no que inclúen novos instrumentos no son do grupo, como o óboe, a frauta traveseira e maila requinta, empregando letras de autor e compoñendo algunas das suas melodías. En 2005 gravan Montealegre, no que aparecen novos instrumentos e temas tanto tradicionais como de diversos compositores da nosa terra. Acaban de editar o seu cuarto traballo, En Galego.
Os Carunchos son: Luis E. Correa Piñeiro, Pilar Gonçalves Salqueiro, Guillerme Rivas Fervenza, Isaac Teniente Molinos e Berto Costas Comesaña