DAKIDARRIA e BONGO BOTRAKO esta fin de semana no Aturuxo Bueu!
14 de novembro de 2011
DAKIDARRIA
http://www.myspace.com/dakidarria
Dakidarría é unha banda formada por 8 músicos que fusiona SKA, REGGAE e PUNK ROCK. Apostan pola enerxía e a festa enriba e debaixo do escenario e non deixan indiferente a ninguén. Cada concerto da banda é unha descarga de festa e compromiso. Tras sete anos de carreira editaron tres discos: “Fragasaurus Rex” (Síndrome discos, 2005), “El futuro nunca existió” (Santo Grial, 2008) e “Realidades alienantes…” (Revolution prods 2010). Durante este tempo presentaron o seu proxecto ao redor de toda a xeografía peninsular (ademais dunha xira que os levou a percorrer gran parte da república Mexicana en outubro de 2008), actuando tanto en salas pequenas como en grandes festivais, demostrando que saben adaptarse perfectamente a cada situación.
A banda compartiu escenarios con grupos tanto estatais como internacionais, como Toy, Europe, Macaco, Barricada, Celtas Cortos, Ojos de brujo, Tequila y Rosendo, entre outros; e estiveron en festivais de gran repercusión como o Extremúsica, o Aupa Lumbreiras, ou o DerrameRock.
Compoñentes DKR:
JORGE ---bateria DAVID ---baixo e voces SIMÓN---guitarra e voces GABRI ---guitarra e voz TOÑETE---trombón JUAQUI---trompeta CHARLI --- teclado ANXO ---saxo
BONGO BOTRAKO
Xa chegaron e prometen quedarse moito tempo. En só tres anos e medio, Bongo Botrako fixeron máis de 190 concertos por toda a península ibérica e Francia. O seu nome comeza a soar por todas partes, de boca en boca. En outubro de 2010 gravan o seu primeiro traballo, “Todos los días sale el sol” e co que queren transmitir a mesma enerxía e o mesmo espírito trouleiro que contaxiaron ata agora alá onde pisan. Rumba , reggae, ska, punk e moita alegría: alegría sen limites nin complexos, melodías que se enganchan e letras que desbordan positivismo ,cancións sinceras e mensaxes que atravesan fronteiras.
Entradas anticipadas á venda aquí: http://www.ticketea.com/bongoaturuxo