Novas

NARF & Juan Ramos (Rock Silvestre/ Galiza) sábado 10 Decembro no Aturuxo

8 de decembro de 2011

Fran Pérez NARF con Juan Ramos.

Fran Pérez NARF é sen dúbida un dos máis sólidos “songwriters” do panorama galego actual. Despois da experiencia teatral como actor do elenco da “Ópera dos tres reás”, e logo do seu último traballo na compaña de Manecas Costa, “ ALO IRMAO” , co que ambos acadaron o NUMERO 1 nas listas radiofónicas da RDP AFRICA, Fran Pérez NARF continúa a súa andaina cunha nova proposta , esta vez acompañado polo guitarrista eléctrico Juan Ramos.

Cunha linguaxe madura e consolidada, Narf continúa dando sentido ao seu orixinal concepto de “MUSICA SILVESTRE”, herdeira das súas orixes máis rock en conxunción cas sonoridades cosmopolitas que foi recollendo nestes anos de viaxes e experiencias musicais, que o levaron a colaborar principalmente con artistas africanos como os Timbila Muzimba (Mozambique) ou o propio Manecas Costa ( Guiné Bissau).

Durante estas últimas tempadas Fran Pérez NARF recorreu con éxito os palcos de cidades como Buenos Aires, Sao Paulo, San Salvador da Bahía, Recife, Londres, Brighton, Newcastle, ou mesmo Nova Delhi ou Katmandú, nestas últimas acompañado precisamente por Juan Ramos, un guitarrista de carácter formado no mundo do rock que aporta contundencia ao son deste novo duo eléctrico. O mellor froito de todas estas aventuras vitais e musicais son as cancións que van enriquecendo o seu repertorio, e que poderedes escoitar no seu concerto ; a música de Fran Perez NARF é efectivamente como unha flor silvestre que nace no terreo abonado da súa forte personalidade artística , onde xerminan as sementes que os ventos traen dende calquer parte do mundo.

http://www.myspace.com/franpereznarf