Rock, blues e 'gypsy metal'
20 de decembro de 2002
Este domingo visítannos dous grupos galegos, Sunday Truckers, rock-blueseiros, e os pontevedreses Sugar Mountain co seu rock americano. Na mesma actuación tamén contaremos cunha visitiña do Reverendo que tantas veces temos visto en Caiga quien caiga.
O último domingo do ano o Aturuxo acollerá a Kultur Shock, unha banda orixinaria dos Balcáns e afincada en EEUU que mestura o metal coa música xitana.