Novas

O Aturuxo(.net) no Correo Galego

15 de abril de 2003

O Correo Galego incluíu hai un mes unha viaxe virtual polas salas galegas que adica unha parte ó Aturuxo ("Sen dúbida o referente sonoro da Galicia do domingo") e a súa páxina web.

O artigo de Xosé Ramón Nóvoa apunta certeiramente varias deficiencias de Aturuxo.net, coma a falta de información técnica (equipamento de son, medidas do escenario, etc) e a pouca actualización da sección de noticias.

Aproveitando a ocasión, gustaríanos saber que botades en falta na páxina. Por exemplo, unha sección de fotografías é unha demanda habitual. ¿Que outras cousas vos gustaría ver aquí? Deixade voso comentario.