Folc e rock para rematar o verán
4 de setembro de 2003
O domingo 7 de setembro visítanos Dobranotch, unha orquestra rusa de folc que mestura as tradicións xudía, balcánica e rusa.
Para o seguinte domingo, día 14, os invitados son Rio Bravo, unha potente banda alemana de rock'n'roll que moitos xa coñecedes. Acompañaranos co seu punk rock os arxentinos afincados en Euscadi Penadas por la ley.