Novas

Último concerto do ano / Cine

26 de decembro de 2003

Para rematar o ano 03, temos o domingo o concerto de La Kinky Beat, músicos que xa pasaron por Bueu amenizando a noite de Troula na banda, serán ben recibidos por tod@s no Aturuxo

Para o luns 29 e martes 30 proxectaremos unhas peliculas que para nos están incluídas dentro do catálogo do bo cine.

A primeira, a historia dun persoaxe ben admitido na sociedade actual, boa presencia, unha familia, un bo coche, unha tarxeta de credito, pero en fin non é o que reflexa.

A peli do martes, lembrar o bo cine que se facía hai tempo, que por eso non pasa desapercibida neste mundo aínda inxusto e maravilloso á vez, protagonizada por Gregory Peck. Máis información na mesma sala.

O Aturuxo deséxalles a tod@s un vindeiro ano de solidariedade e paz...