Novas

Pony Bravo, personalidade incuestionable

5 de xuño de 2009

Persoalmente, sensacións indescriptibles con tanto rastro estilístico. Pony Bravo son unha mestura de rock americano e andaluz, reggae, música africana, western e copla.

Unha banda con interese polas formas máis esquinadas do rock e un importante "deje" suereño, surrealista e telúrico. Formada por Daniel Alonso (cantante, teclista e creador da orixinal cartelería que os identifica), Pablo Peña (guitarrista), Darío del Moral (baixista e guitarrista) e Javier Rivera (batería).

Con pouco máis de dous anos en activo, gañaron un importante posto no panorama musical andaluz. Letras en castelán e inglés, e mestura de estilos crean un factor diferendial que impregna o seu son.

Chegan dende Sevilla por primeira vez a Galicia, onde nos deleitarán con dous concertos. Un no Clavicémbalo, o 12 de xuño, e outro no Aturuxo, o sábado 13 de xuño.

Máis información en http://www.myspace.com/ponybravo