Novas

Outonalidades 09

17 de setembro de 2009

Outonalidades regresa para a 13ª edición sen supersticións. O circuíto volve percorrer Portugal e Galicia, a través dunha longa rede de espazos que abren portas á música que se fai, en cada caso, ao outro lado do Miño. Do 24 de Setembro ao 19 de decembro, durante 13 fins de semana, o programa presenta 76 concertos de 35 grupos en 24 salas.

No territorio portugués, Outonalidades alarga a súa rede que, nesta edición, se estende a 15 salas de música ao vivo por todo o país. Literalmente de norte a sur do país, o evento pasa por Chaves, Guarda, Amarante, Porto, Ovar…

A cooperación inciada no 2008 entre Outonalidades e a Rede Galega de Música ao Vivo proporciona agora a presenza de 7 grupos portugueses en Galicia e 11 grupos galegos en Portugal, facendo un total de 47 concertos en réxime de intercambio.

Entre eses concertos, poderás ver, na nosa sala Aturuxo, ao grupo Taberna Revisitada, sete músicos que misturan o fado co jazz ou a bossa-nova.