A mestura de etnias e linguas de Cheb Balowski encherá o escenario do Atu este mércores 1 de maio.
Podedes adquirir a vosa entrada anticipadamente no mesmo local por 5 euros, ou na taquilla a noite do concerto por un euro máis.
Máis información, no lugar correspondente.
Ler máis
Os rockeiros do Salnés Tumbling Dice e o quinteto de Jaume Tugores pechan o mes no local.
Por outra banda, xa vos podemos adiantar as posibles actuacións de maio:
1 de maio: Cheb Balowski
12 de maio: Boikot + Puta Miseria
17 de maio: Liorna
26 de maio: Txuma Murugarren
Ampliaremos ...
Ler máis
Xa podemos confirmar o concerto deste domingo. O hardcore melódico de Marf e o metal de Cube, xuntos nunha actuación dobre por 3,50 euros.
Ler máis
Malia a ausencia de Sex Museum, este domingo teremos a Cube, xunto con outro grupo por determinar.
Ler máis
O domingo 21 de abril volverán visitarnos, logo de case un ano, os rockeiros vilagarcianos Tumbling Dice.
E pechando o mes, Jaume Tugores presentará Anque lui è qui, "Música mediterránea con fuerza latina inspirada en Ennio Morricone".
Ler máis
Desafortunadamente, tiveron que hospitalizar o batería do grupo Sex Museum, polo que o concerto do domingo 14 ten que cancelarse.
De todos os xeitos, esperamos encher este oco e poder contar finalmente cunha actuación para este domingo.
Mantédevos á escoita.
Ler máis
Xa podedes consultar o calendario da primeira quincena de abril na sección de actuacións.
Ademais dos concertos domingueiros de TCA e Sex Museum, este luns celebrarase unha charla coloquio, organizada por AMI, co título Antiglobalización: a resistencia dos pobos.
Ler máis
Hoxe lanzamos a primeira fase da web, coa programación de concertos das próximas semanas e uns foros nos que vos animamos a participar (¿quen será o primeiro en escribir algo?).
Nos vindeiros días engadiremos novas seccións con fotografías dos concertos e información sobre o local.
¡Benvidos!
Ler máis